miércoles, 14 de enero de 2015

Actividades

1-Que vaso comunica coa aurícula dereita?
a. Arteria aorta
b. Arteria pulmonar.
c. Vea cava.
d. Vea pulmonar.
e. Arteria coronaria.

2-Que vaso comunica co ventrículo esquerdo?
a. Arteria aorta.
b. Arteria pulmonar.
c. Vea cava.
d. Vea pulmonar.
e. Arteria coroaría.

3-Cales son os vasos que traen sangue ás pernas?
a. Arterias subclavias.
b. Veas subclavias.
c. Arterias femorais.
d. Veas femorais.
e. Arterias subclavias.

4-Que vaso leva sangue dende o fígado ao corazón?
a. Vea suprahepática.
b. Vea cava.
c. Vena trae.
d. Arteria trae.
e. Arteria suprahepática.

5-Que vaso leva sangue dende o estómago ao corazón?
a. Vea cava inferior.
b. Vea cava superior.
c. Vea porta.
d. Arteria porta.
e. Arteria aorta.

6-Onde aboca a linfa a gran vea linfática?
a. Subclavia dereita.
b. Carótide dereita.
c. Subclavia esquerda.
d. Carótide esquerda.
e. Arteria aorta

7-Que conduto do sistema linfático aboca linfa á subclavia esquerda?
a. Gran vea linfática.
b. Conduto torácico.
c. Cisterna de Pecquet.
d. Vasos quilíferos.
e. Ganglios linfáticos
APARATO CIRCULATORIO

O aparato circulatorio ten varias funcións: serve para levar os alimentos e o osíxeno ás células, e para recoller os refugallos metabólicos que se han de eliminar despois polos riles, nos ouriños, e polo aire exalado nos pulmóns, rico en dióxido de carbono (CO2). De todo este labor encárgase o sangue, que está a circular constantemente. Ademais, o aparato circulatorio ten outras destacadas funcións: intervén nas defensas do organismo, regula a temperatura corporal, transporta hormonas, etc.

O Sangue:
O sangue é o fluído que circula por todo o organismo a través do sistema circulatorio, formado polo corazón e un sistema de tubos ou vasos, os vasos sanguíneos.
O sangue é un tecido líquido, composto por auga e substancias orgánicas e inorgánicas (sales minerais) disoltas, que forman o plasma sanguíneo e tres tipos de elementos, formes ou células sanguíneas: glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas. Unha gota de sangue contén aproximadamente uns 5 millóns de glóbulos vermellos, de 5.000 a 10.000 glóbulos brancos e ao redor de 250.000 plaquetas.
Plasma Sanguíneo:O plasma sanguíneo é a parte líquida do sangue. É salgado, de cor amarelenta e nel flotan os demais compoñentes do sangue.

Os glóbulos vermellos, tamén denominados eritrocitos ou hemacias, encárganse da distribución do osíxeno molecular (O2).






Os glóbulos brancos ou leucocitos teñen unha destacada función no Sistema Inmunolóxico ao efectuar traballos de limpeza (fagocitos) e defensa (linfocitos). Son maiores que as hemacias, pero menos numerosos (uns sete mil por milímetro cúbico), son células vivas que se trasladan, sáense dos capilares e dedícanse a destruír os microbios e as células mortas que encontran polo organismo. Tamén producen anticorpos que neutralizan os microbios que producen as enfermidades infecciosas.

As plaquetas son fragmentos de células moi pequenos, serven para taponar as feridas e evitar hemorraxias.

O Corazón:
O corazón é un órgano oco, do tamaño do puño, encerrado na cavidade torácica, no centro do peito, entre os pulmóns, sobre o diafragma, dando nome á "entrada" do estómago ou cardia.
No corazón distínguense tres capas de diferentes tecidos que, do interior ao exterior se denominan endocardio, miocardio e pericardio. O endocardio está formado por un tecido epitelial de revestimento que se continúa co endotelio do interior dos vasos sanguíneos. O miocardio é a capa máis voluminosa, estando constituído por tecido muscular dun tipo especial chamado tecido muscular cardíaco. O pericardio envolve ao corazón completamente.
 

O corazón está dividido en dúas metades que non se comunican entre si: unha dereita e outra esquerda, a metade dereita sempre contén sangre pobre en osíxeno, procedente das veas cava superior e inferior, mentres que a metade esquerda do corazón sempre posúe sangue rico en osíxeno e que, procedente das veas pulmonares.
Cada metade do corazón presenta unha cavidade superior, a aurícula, e outra inferior ou ventrículo, de paredes musculares moi desenvolvidas.
Existen, pois, dúas aurículas: dereita e esquerda, e dous ventrículos: dereito e esquerdo.


Cando as grosas paredes musculares dun ventrículo se contraen (sístole ventricular), a válvula auriculoventricular correspondente péchase, impedindo o paso de sangue cara á aurícula, co que o sangue flúe con forza cara ás arterias. Cando un ventrículo se relaxa, ao mesmo tempo a aurícula contráese, fluíndo o sangue por esta sístole auricular e pola abertura da válvula auriculoventricular.

Haz click aquí y lo verás en movimiento...


Os vasos sanguíneos (arterias, capilares e veas):son condutos musculares elásticos que distribúen e recollen o sangue de todos os cantos do corpo. Denomínanse arterias a aqueles vasos sanguíneos que levan o sangue, xa sexa rica ou pobre en osíxeno, dende o corazón ata os órganos corporais.
Capilar sanguíneo